18/3/11

A HORA DO PLANETA 2011

A Hora do Planeta 2011. O 26 de marzo ás 20:30, hora local de cada país, por quinto ano consecutivo, celebrarase este grande evento para sensibilizar a poboación sobre a importancia de loitar contra o cambio climático. Nesta edición, a organización WWF (World Wide Fund for Nature), pretende ir máis alá do acto simbólico de apagar as luces durante unha hora, búscase ademais un compromiso das persoas durante todo o ano.


A biblioteca quere sumarse a esta iniciativa e durante a semana do 21 ao 25, o alumnado poderá realizar-no recreo- diferentes actividades para coñecer que é o cambio climático e como combatelo.

Tamén os máis pequenos teñen o seu video .



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Uploaded with ImageShack.us