11/4/11

XOSÉ NEIRA VILAS CLAUSURA OS ENCONTROS DO PLAMBE 2011



Os días 7 e 8 de abril @s coordinadores das bibliotecas que formamos parte do PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares), tivemos uns encontros en Santiago de Compostela. O noso centro era a primeira vez que asistía a estas xuntanzas e so teño palabras boas para falar deste encontro: o labor da Asesoría foi excelente, a organización, a comida ao aire libre, @s poñentes (uns mellor que outros), as sesións simultáneas, os encontros por zonas... todo resultou magnífico e como broche final tivemos a oportunidade de escoitar a un dos grandes da literatura galega, en palabras de Pilar Sampedro: "O único clásico que aínda queda vivo": D.Xosé Neira Vilas, autor de "Memorias dun Neno Labrego"do que se está a celebrar o cincuentenario  da súa publicación.
Neira Vilas falou da súa vida, da súa emigración a Arxentina, da súa labor á fronte da Editorial Follas Novas, das súas experiencias persoais arredor do libro e a lectura ... en fin ¡fíxonos emocionar coas súas palabras! Moitas grazas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Uploaded with ImageShack.us