8/11/11

TERROR NA BIBLIO!!!


   A semana pasada  pasámolo xenial decorando a biblioteca. Entre arañeiras, pantasmas, monstros,  cabazas... fomos creando un ambiente de misterio que a máis de un nos recordou algunha lenda do noso benquerido Bécquer. Por iso aproveitando a chegada do Samaín, a biblioteca dedicará o mes de NOVEMBRO ao misterio, ao terror. Para iso estamos preparando moitas actividades. Estas son algunhas nas que podedes participar:  

  •             ADIVIÑA O PESO DA CABAZA

  •             EXPOSICIÓN DE LIBROS DE TERROR NA BIBLIOTECA

  •             DECORACIÓN DE MARCAPÁXINAS CON MOTIVOS DO SAMAÍN

  •             CONCURSO DE RELATOS DE TERROR.

Desexamos que o pasedes moi ben e sobre todo que pasedes moito medo!!!















                                

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Uploaded with ImageShack.us