27/2/13

24 de febreiro, día de Rosalía


Este ano cúmprese o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, obra única coa que Rosalía abriu o proceso que se deu en chamar "Rexurdimento" da literatura e da cultura galega. Por este motivo, o 24 de febreiro, data do nacemento da escritora, realizamos no centro diferentes actos organizados polo equipo de normalización lingüística. Amenizamos o período de lecer  con versións musicais dos poemas de Rosalia e, ao final, os alumnos de 4ºESO recitaron fragmentos de Cantares Gallegos.
Nós tamén, desde a biblioteca, recordaremos durante a próxima semana a esta magnífica poetisa. O alumnado irá recopilando co material da biblioteca datos da súa vida e da súa obra e realizará diferentes murais que quedarán expostos polos corredores  das aulas durante o mes de marzo, mes no que conmemoramos o Día da muller traballadora.    

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Uploaded with ImageShack.us