31/10/13

A BIBLIOTECA ABRE AS SÚAS PORTAS UN ANO MÁIS E AQUÍ COMEZA A ACTIVIDADE NO NOSO BLOG

Benvidos un ano máis á nosa biblioteca. Durante o mes de setembro e agora en outubro pasamos moito tempo poñendo todo a punto para que a biblioteca siga a ter un papel importante na nosa comunidade educativa. Coma sempre, estivemos ocupados co servicio de catalogación das novas adquisicións, a edición de carnés para os novos usuarios, a formación de usuarios... E todas estas cousiñas que son tan necesarias para que a biblioteca marche o mellor posible. Por suposto contamos cun buzón de suxestións para que nos axudedes a mellorar cada día. Iremos anunciando todas as actividades e animámosvos a participar. Contamos con vós.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Uploaded with ImageShack.us