29/1/14

DÍA DA PAZ



O día 30 de xaneiro, no aniversario-recordo da morte do Mahatma Gandhi, conmemoramos O Día Escolar da Non Violencia e a Paz, para iso realizaremos a próxima semana, diferentes actividades na biblioteca.

·      Idiomas da Paz: O alumnado de Primaria coloreará a palabra Paz en diferentes idiomas.

·       Frases para a Paz: O alumnado de Primaria e Secundaria escribirán unha frase para a Paz que pegarán despois en cartulinas.

·   Coloreamos O Guernica de Picasso: Trátase dunha boa forma de coñecer os horrores da guerra reflectidos polo  pintor no cadro e que seguramente redescubrirán os nosos alumnos cando pinten as imaxes do mesmo.

·  Actividade conxunta co alumnado do colexio e o profesorado. A actividade ten o título de: Solución para a paz: igualdade. O acto terá lugar no patio.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Uploaded with ImageShack.us