5/5/14

ANIMACIÓNS Á LECTURA

O día 10 de abril a biblioteca, xunto co Departamento de Lingua Castelá, organizou dúas animacións á lectura. A editorial Vicens Vives foi a encargada de realizalas.
A primeira animación ía dirixida ao primeiro ciclo da ESO. Trataba dunha representación de relatos de humor. 
Para a segunda animación dirixida ao alumnado do segundo ciclo da ESO, a animadora representou os tres primeiros tratados do Lazarillo de Tormes, lectura obrigatoria este curso.  Contou coa colaboración de varios alumnos e resultou moi amena e divertida. 
Aquí vos deixamos algunhas fotos.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Uploaded with ImageShack.us