21/9/14

A BIBLIOTECA ABRIRÁ AS SÚAS PORTAS EN OUTUBRO

Un ano máis a biblioteca do centro prepárase para abrir as súas portas no mes de outubro a toda a nosa comunidade educativa.

Neste momento estamos a realizar todo aquel traballo necesario para a reapertura: catalogar as novas adquisicións, editar carnés para os novos usuarios, formar a eses novos usuarios...

Desde este blog e no taboleiro de anuncios da biblioteca iremos anunciando as actividades que vaiamos realizando. Coma todos os anos contaremos cun buzón de suxestións onde nos podedes axudar a mellorar.

Animádevos a participar.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Uploaded with ImageShack.us