7/4/15

Animación á lectura: EL QUIJOTE

Aproveitando que este ano se celebra o IV Centenario da publicación da segunda parte de EL QUIJOTE (1615-2015), os alumnos de 4º ESO asistiron o luns 23 de marzo a unha animación á lectura na biblioteca do centro. 
A animación correu a cargo de Raquel Queizas, quen, coa súa marabillosa interpretación, fixo pasar aos alumnos uns momentos moi agradables e divertidos, recordando algúns episodios das andanzas do inxenioso fidalgo DON QUIJOTE DE LA MANCHA. Aquí vos deixamos unha mostra da actividade.










No hay comentarios:

Publicar un comentario

Uploaded with ImageShack.us