5/10/15

A BIBLIOTECA XA ESTÁ ABERTA ESTE CURSO

Chega outubro e, coma tódolos anos, a biblioteca abre as súas portas para toda a comunidade educativa un curso máis.

Durante o mes de setembro estivemos ocupándonos de todas aquelas tarefas necesarias para o bo funcionamento da biblioteca: catalogación de obras novas, carnés para os novos usuarios...  

E agora en outubro imos a facer a formación de usuarios, tan necesaria para os alumnos e todas as persoas recén chegadas ao noso centro.

Seguiremos a usar este blog e o taboleiro de anuncios da biblioteca para anunciar as actividades a realizar, e os libros e material que compremos. Recordade que contamos cun buzón de suxestións onde nos podedes axudar a mellorar.

Aquí vos esperamos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Uploaded with ImageShack.us