7/2/18

31 de Xaneiro, Día da PAZ

O mércores 31 de xaneiro celebramos o día da Paz, cunha actividade moi orixinal, na que participaron todo o alumnado e algúns profesores do colexio.

Deixamos un resumo da actividade e unhas imaxes da mesma.
       
ACTIVIDADE:
Unha trincheira de guerra, protexida por aramio de espiño (con lazos rosas en vez de espiñas) é asaltada ao son da música, polo alumnado de secundaria armados con frases e versos pacíficos. Ao remate dous tanques danse un bico. Un grupo de alumnos tocan cancións mentres outros, cun megáfono, enumeran distintas guerras que xa remataron.

Continúa despois infantil e primaria escenificando o encontro de países representados polo alumnado  do noso centro que veñen de alí. Unha vez reunidos todos, soa a música e organízase un baile moi animado.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

Uploaded with ImageShack.us