18/4/18


OUTRAS ACTIVIDADES PARA CONMEMORAR  O DÍA do Libro

 Photocall organizado polo alumnado de Secundaria cos personaxes da célebre obra de Cervantes: El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha.
 Aquelas persoas que se animen poderanse fotografar, durante o tempo dos recreos, con Don Quixote, co seu fiel escudeiro Sancho e coa bela Dulcinea, sempre e cando entreguen unha frase célebre extraída do libro.

 Organizarase, tamén, nos recreos do xoves e do venres, un Obradoiro de muíños de vento destinado sobre todo ao alumnado de primaria, aínda que poderán participar tamén alumnos de secundaria. 

Queremos agradecer o esforzo que levaron a cabo os alumnos de PEMAR á hora de preparar o material, tanto para o photocall como para os muíños, facendo un traballo de reciclaxe con botellas de plástico.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Uploaded with ImageShack.us