30/1/19

CONTACONTOS POLO DÍA DA PAZ

 
O xoves, 24 de xaneiro tivo lugar na biblioteca do centro, unha sesión de contacontos co motivo do día da Paz, para o alumnado de Infantil, 1º, 2º, 5º e 6º de E P, a cargo da profesora do centro Elena Torreiro Sebastián.

O alumnado de Infantil e 1° e 2° escoitaron o conto "Enfadados" de Roberto Aliaga e Miguel Cerro, da Ed. La Fragatina, e a partir do conto reflexionaron sobre o feito de que enfadarse non soluciona nada e pensaron noutras formas de resolver os problemas.

Os de 5° e 6° escoitaron dúas historias do libro "Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes. 100 historias de mujeres extraordinarias" de Elena Favilli e Francesca Caballo, da Ed. Destino. Concretamente foron as historias de Irena Sendlerowa, coñecida como o "Anxo do Gueto de Varsovia" por ter salvado a máis de 2500 nenos e nenas xudíos durante a ocupación nazi, e a de Malala Yousafzai, a persoa máis nova en recibir o Premio Nobel da Paz, da que xa falara aos de 3° e 4°.De novo estas historias serviron para reflexionar sobre a afouteza destas dúas mulleres e sobre a posibilidade de loitar contra as inxustizas sen recorrer á violencia.














 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Uploaded with ImageShack.us