18/2/19


OS PEQUES DO COLE CELEBRAN SAN VALENTÍN



Para celebrar o día de San Valentín todos os nen@s de Infantil e Primaria escribiron unha carta para un amig@ que lles tocou por sorteo. Nela tiñan que escribir o que máis lles gustaba dese compañeir@ (no caso de Infantil, dixéronllo á profe para que llo escribise e fixeron un debuxo do amig@). Despois, botaron esas cartas de amizade na caixa do correo de San Valentín e a última hora do día 14 recibieron nas súas aulas a visita da carteira de San Valentín, que lle repartiu a cada un/unha a súa.

Foi unha actividade moi bonita, xa que os nenos e nenas quedaron encantados de recibir unha carta dun compañeir@ dicindo cousas positivas sobre eles/as.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

Uploaded with ImageShack.us