26/9/19

 Durante os días 24- 25  de setembro e o día 3 de outubro, realizamos na biblioteca do noso centro,  a formación de usuarios para o alumnado de 5º e 6ºde EP e  1º de ESO. A actividade estivo a cargo da coordimadora da biblioteca.

Comenzou co reparto dun tríptico coas explicacións do funcionamento da biblioteca. Despois da lectura do tríptico fixéronse algunhas  actividades que consistían na busca de diferentes libros seguindo as pistas dadas pola coordinadora.

A actividade gustoulles moito e amosaron moito interese en todo momento facendo moitas preguntas sobre o servizo de préstamo, o tipo de libros e DVDs que podían levar á casa... E como non! fixeron as súas suxestións para mercar algúns libros.

Aquí vos deixamos algunhas fotos da actividade.
     
                                                                ALUMNADO DE 5º EP
 





 
 
 ALUMNADO DE 6º EP 
 
 



 
 
 
 
                                                            ALUMNADO DE 1º de  ESO
 








 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Uploaded with ImageShack.us