12/2/20

MÁIS CONTOS NA BIBLIO

O martes 10 de febreiro, Iago Tumbeiro, alumno da aula específica da ESO, aproveitando que estamos no mes do amor, da amizade e dos bos sentimentos,  contoulles ás Estreliñas de 1º de EP o conto de Iván Prieto, Sal e azucre.

Deixámosvos  o resumo para que saibades de que trata o conto. Un libro moi recomendable para todos.


RESUMO
Nunha casiña de sal, ao pé da montaña, vivían unha velliña, toda toda de sal, e un velliño, todo todo de azucre. Uns días queríanse moito e outros non paraban de discutir…

Coa metáfora do sal e do azucre de fondo, constrúese esta historia que recrea de xeito simbólico sentimentos e experiencias difíciles de captar: as diferenzas de carácter, as dificultades na relación de parella, a dor da separación, a comprensión, a necesidade de afecto…




As Estreliñas no seu recuncho, escoitan atentamente a Iago.

 





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Uploaded with ImageShack.us