9/3/21

ACTIVIDADES POLO DÍA DA MULLER TRABALLADORA

 Outro ano máis o noso centro súmase a festexar o Día da muller traballadora.

Son moitas as actividades que o noso alumnado fixo ao longo deste día e que queremos compartir con todos vós.


MURAL REIVINDICATIVO

Ainara, África, Mariana, Lidia e Leire, fixeron un fermoso mural reivindicativo.



O alumnado de secundaria de Lingua Galega homenaxearon as nosas poetisas galegas e mulleres que reivindicaron a nosa lingua.






 "UN DÍA NA VIDA DAS MULLERES DA MIÑA FAMILIA"

Os nenos e nenas de Infantil, Primaria e Secundaria, renderon culto as mulleres das súas casas: nais, avoas, irmáns, tías... realizando debuxos e redaccións contando o traballo diario que desenvolven ao longo dunha xornada. 

Todos os traballos participarán no concurso organizado pola Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.


Deixámosvos unha pequena mostra dos deus trabaliños.








                           MURAL CO LEMA "Os poderes da miña Súper Heroína", QUE RECOLLE ALGÚNS DOS TRABALLOS SELECCIONADOS.



(Todos eles quedarán recollidos nun libro que se doará á biblioteca para a sección "AS NOSAS CREACIÓNS")

Finalmente non podía faltar a EMISIÓN DE RADIO MENDE para conmemorar esta data.
Deixámosvos o enlace.13 Emisión Radio Mende.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Uploaded with ImageShack.us