17/1/22

QUE FOI DE TROSKY?

Nos últimos días do 1º trimestre dúas alumnas de 6º de E. Primaria, Eva Ucha e Nerea García, estiveron investigando sobre a mascota da Biblioteca, e para resolver o enigma decidiron entrevistar á coordinadora da Biblioteca, Clara Martín Corchete. 

Esta entrevista foi emitida o martes, 11  en Radio Mende. Se alguén non puido escoitala ou quere repetir queda no seguinte  ENLACE

Haberá máis sorpresas dende Radio Mende, a Biblioteca e o retorno da súa mascota, Trosky.

 

                                              XA CHEGOU TROSKY!


A NOSA MASCOTA CUSTOMIZADA

A NOSA MASCOTA TROSKY, ORIXINAL




EVA e NEREA entrevistando á coordinadora da biblioteca



Dende aquí damos as grazas a Esther, profesora de E. Primaria, polo agasallo de Nadal que trouxo para a biblioteca.
Pódese ter unha mascota máis orixinal e moderna?

No hay comentarios:

Publicar un comentario