DÍA DA PAZ 2022
Hoxe, luns 31 de xaneiro, na celebración do Día da Paz e non violencia, a emisión de Radio Mende recolleu as mensaxes de Paz do alumnado de 1º de E. Primaria e unha parte do recitado da canción "De festa" de Uxía e a Banda Molona, que toda a Comunidade Educativa cantou e bailou.
Tres alumnas de 6º de E. Primaria, amenizaron esta
canción, patinando durante o acto co disfrace da súper heroína, a vaca Muxía.
Grazas e
parabéns. Xenial actuación!
Podedes escoitar a emisión no seguinte ENLACE
ACTIVIDADES
Durante a semana
pasada tiveron lugar diferentes actividades para festexar o DÍA da PAZ entre
elas, o AGARIMÓMETRO, actividade
que comezou o día 30, pero que perdurará
ata o mes de xuño.
Consiste en que en
cada clase se elaboren mensaxes con cualidades positivas dos compañeiros/as
sendo un alumno/a o responsable semanal da actividade o que deberá escribir
mensaxes que o venres se poderán ler no aula ou levar para a casa segundo
conveñan entre todos. Finalmente a actividade recollerase nun álbum/peto/caderno.
Deixámosvos unhas imaxes.
O alumnado ía
poñendo no chan, polos corredores do
centro unha serie de pegadas con lemas en diferentes idiomas, traballando os
conceptos propios do día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario