1/2/22

5ª EMISIÓN DE RADIO MENDE. DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

 

                                                          DÍA DA PAZ 2022

Hoxe, luns 31 de xaneiro, na celebración do Día da Paz e non violencia, a emisión de Radio Mende recolleu as mensaxes de Paz do alumnado de 1º de E. Primaria e unha parte do recitado da canción "De festa" de Uxía e a Banda Molona, que toda a Comunidade Educativa cantou e bailou.

Tres alumnas de 6º de E. Primaria, amenizaron esta canción, patinando durante o acto co disfrace da súper heroína, a vaca Muxía.

 Grazas e parabéns. Xenial actuación!

Podedes escoitar a emisión no seguinte ENLACE


ACTIVIDADES

Durante a semana pasada tiveron lugar diferentes actividades para festexar o DÍA da PAZ entre elas, o AGARIMÓMETRO, actividade que comezou o día 30,  pero que perdurará ata o mes de xuño.

Consiste en que en cada clase se elaboren mensaxes con cualidades positivas dos compañeiros/as sendo un alumno/a o responsable semanal da actividade o que deberá escribir mensaxes que o venres se poderán ler no aula ou levar para a casa segundo conveñan entre todos. Finalmente a actividade recollerase nun álbum/peto/caderno.

Deixámosvos unhas imaxes.





 Outra das actividades que fixemos nesta festividade foi “AS PEGADAS DA PAZ”

O alumnado ía poñendo no chan,  polos corredores do centro unha serie de pegadas  con  lemas en diferentes idiomas, traballando os conceptos propios do día.


No hay comentarios:

Publicar un comentario