3/4/22

2 de abril, día Mundial da Concienciación sobre o Autismo

 

CELEBRANDO O DÍA DO AUTISMO

A longo da pasada semana na materia de Arts o alumnado de 1º a 6º de E. Primaria traballaron na creación dunha  peza única e diferente que encaixarían posteriormente  nun puzzle. Así, o venres 1 de abril, de xeito colaborativo, dous membros de cada aula, baixaron ao patio e foron creando coas pezas un puzzle xigante, baixo o lema "Pezas únicas encaixan nun todo armonioso"/"Unique pieces fit armoniously together". 

Neste traballo contaron coa colaboración  das profesoras dos departamentos de linguas, porque no CPI Plurilingüe José García García, toda a comunidade traballa por e para una educación basada no respecto, a unión, a comunicación e atención á diversidade, onde todos encaixamos, obtendo así unha gran obra de pezas e pinceladas diversas.

Podedes ver o traballo no seguinte ENLACE

No hay comentarios:

Publicar un comentario