11/5/22

O ALUMNADO CANTA COPLAS AO NOSO MAIO NO HORTO DO CENTRO

 






O pasado venres, 6 de maio, durante a segunda, terceira e cuarta sesión, o alumnado do Centro cantou coplas á ritmo de pandeireta, gaita e bombo ao maio que realizaron un grupo do alumnado da ESO, dirixidos polos profesores dos departamentos de galego e plástica, nunha actividade de convivencia entre todas as etapas educativas do colexio.

O alumnado da ESO, xunto co profesor de Galego, Xulio, dirixiron a actividade, á que se foron sumando cada 15 minutos un curso de Infantil e Primaria, cantando, danzando e aturuxando, co ritmo da música arredor do maio, rememorando as antigas tradicións.

Podedes ver esta actividade no seguinte ENLACE

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Uploaded with ImageShack.us