ACTIVIDADES
CREACIÓNS DE MONSTRUOS CON MATERIAL DE REFUGALLO
Dado que este curso temos como liña temática do Centro "Coñecemos e coidamos a nosa contorna", o alumnado de Infantil e Primaria coa colaboración das súas familias crearon monstruos con material de refugallo.
Deixamos unha imaxe para que podades ver o gran traballo realizado.
Parabéns!
CELEBRACIÓN DO SAMAÍN
O pasado venres, 28 de outubro celebramos no noso Centro a festa do Samaín con moitas actividades nas que participaron toda a comunidade educativa: merenda pequeterrorífica, contacontos do alumnado de sexto ó alumnado de Infantil e Primaria, representación da Santa Compaña por parte do alumnado da ESO e unha pasaxe do terror, entre outras moitas actividades.
Podedes ver un resumo desta celebración nestes enlaces:
ENLACE PRIMARIA, ENLACE SECUNDARIA.
RADIO MENDE VOLVE DE NOVO ÁS ONDAS
1ª Emisión : Inauguración do curso 2022-23 e presentación do programa de Samaín
No hay comentarios:
Publicar un comentario