5/11/22

O NOSO SAMAÍN

                                    ACTIVIDADES


CREACIÓNS DE MONSTRUOS CON MATERIAL DE REFUGALLO

Dado que este curso temos como liña temática do Centro "Coñecemos e coidamos a nosa contorna", o alumnado de Infantil e Primaria coa colaboración das súas familias crearon monstruos con material de refugallo. 

Deixamos unha imaxe para que podades ver o gran traballo realizado.

Parabéns!


 


CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

O pasado venres, 28 de outubro celebramos no noso Centro a festa do Samaín con moitas actividades nas que participaron toda a comunidade educativa: merenda pequeterrorífica, contacontos do alumnado de sexto ó alumnado de Infantil e Primaria, representación da Santa Compaña por parte do alumnado da ESO e unha pasaxe do terror, entre outras moitas actividades.

Podedes ver un resumo desta celebración nestes enlaces:

 ENLACE PRIMARIA,  ENLACE SECUNDARIA.


RADIO MENDE VOLVE DE NOVO ÁS ONDAS


1ª Emisión : Inauguración do curso 2022-23 e  presentación do programa de Samaín

Inauguración do curso realizada polas alumnas de 5º de E. Primaria: Melisa, Clara e Valeria con voces de Antón, Mateo e Candela de 3º de E. Primaria. Antón e Clara presentaron tamén o Programa do Samaín.

ENLACE


2ª Emisión : Conxuro e relatos de terror

Nesta ocasión todo o alumnado de 5º de E. Primaria participou cun Conxuro para a apócema de Samaín. Os relatos correron a cargo de Melisa, Clara, Valeria, Álvar e Martiño.


ENLACE


No hay comentarios:

Publicar un comentario