25/3/23

VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL

 A semana pasada o alumnado de 2º de Educación Primaria xunto as súas profesoras visitaron a biblioteca pública de Ourense, A Ponte.

A bibliotecaria, explicoulles o que era unha biblioteca e o seu funcionamento e despois mostroulles como estaban colocados os libros segundo as idades: infantís, xuvenís e adultos. Máis tarde escoitaron un contacontos dos Bolechas: Os Bolechas van á biblioteca e finalmente, puideron dar unha volta pola biblioteca para investigar e ver se había algún libro que lles gustase.








No hay comentarios:

Publicar un comentario