Os pasados 30 e 31 de marzo, tiveron lugar no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, os Encontros do plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia 2022-23.
Como todos os anos, estos Encontros continúan sindo unhas xornadas moi enriquecedoras nas que os/as coordinadoras das bibliotecas podemos compartir as nosas experiencias e aprender do que nos contan persoas expertas en diferentes ámbitos relacionados coas bibliotecas, a lectura, a literatura, a comunicación, a alfabetización mediática...
Nesta ocasión contamos coa intervención de persoas expertas en diversos ámbitos relacionados coas bibliotecas, a lectura, a literatura galega, a intelixencia artificial, a mediación lectora, a alfabetización mediática e informacional. Ademáis, presentáronse experiencias de diferentes centros de contenido moi diverso: funcionamento da biblioteca escolar, traballo `por proxectos, familias na biblioteca escolar, radio na biblio, bibliotecas LIA.3...
MELLORANDO SEMPRE!
No hay comentarios:
Publicar un comentario