Ao longo desta semana, co gallo da conmemoración do Día do Libro, dende Radio Mende, un grupo de alumnado de cada etapa educativa irá lendo cada día un anaco dun capítulo do "Ingenioso hidalgo D. Quijote de la Mancha" de Miguel de Cervantes.
Hoxe comeza o primeiro programa desta semana, coa introdución e despedida do programa, por parte de tres membros do alumnado de 2º da ESO, Ainara, David e Irea. A lectura do primeiro capítulo a cargo de Ainhara de 4º de E. Primaria.
PREMENDO NO DOCUMENTO ADXUNTO PODEN ESCOITALO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario