O pasado venres 2 de xuño, unha representación do alumnado de 4º da ESO, acompañados pola súa profesora de EPVA Marta Leis, asistiu á feira de Polos Creativos que tivo lugar na Cidade da Cultura de Santiago.
O seu proxecto de" Lámpadas con materiais de refugallo" foi o gañador na categoría de secundaria dos retos que a Consellería de Educación lanzou no marco do programa de Polos Creativos.
Durante es xornada presentaron o seu traballo ante alumnado, docentes doutros centros e visitantes á feira, tamén atenderon a diversos medios de comunicación e, por suposto, recibiron o premio do que estamos moi orgullosos.
Parabéns!
No hay comentarios:
Publicar un comentario