21/6/23

PREMIO NO CONCURSO PODCAST "O VELLO DOS CONTOS"

 

Como cada ano un grupo do alumnado de cada etapa presenta un Podcast para o concurso, convocado polo "O Vello dos contos" dende o IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago.

O martes, 6 de xuño de 2023, ás 11:30 no IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, celebrouse a entrega dos premios escolares de podcast O vello dos contos e se deron a coñecer aos gañadores de cada categoría nun acto que contou coa presenza de Valentín García, secretario xeral de política lingüística, Anxo Angueira presidente da Casa de Rosalía, e Loliña Mosquera filla de O Vello dos contos e madriña deste certame. No acto desvelouse a clasificación final e os gañadores de cada categoría. Cada finalista recibiu un lote de libros e unha figura única elaboradas polo alumnado da Escola Superior de Arte e Deseño Mestre Mateo.

E xa é a segunda vez que reciben Premio, desta na categoría de Primaria e co Podcast "As barras de Francisco"

PARABÉNS á Dinamizadora, ao alumnado e a todo o Equipo da Radio.

PREMENDO AQUÍ PODEMOS LER TODA A INFORMACIÓN DA WEB DO CONCURSO E OS PODCAST PREMIADOS. Ademais no arquivo adxunto pódese escoitar o noso Podcast

 ENLACE

ADXUNTO

No hay comentarios:

Publicar un comentario