O NOSO SAMAÍN
Na última semana de outubro toda a Comunidade Educativa estivo a traballar a reo para despedir o mes coa súa festa grande, a celebración do Samaín.
E para relacionar esta celebración coa Liña temática deste curso "Mendelianos ao rescate", primeiro vimos a película "Wall-e" co fin de tomar conciencia dalgúns dos obxectivos que se pretenden acadar:
- Coñecer o estado do planeta e os retos ecolóxicos aos que facer fronte.
- Aprender a valorar a importancia de amar, respectar e coidar a natureza como patrimonio de todos.
- Valorar e utilizar a reciclaxe como unha forma de respecto e coidado do noso planeta.
- Desenvolver actividades de solidariedade, respecto polo medio ambiente, hábitos saudables..
- Valorar a importancia das plantas para o desenvolvemento da vida no noso planeta.
- Utilizar as películas como recursos motivadores para tratar os temas que interesen.
- Desenvolver a atención
Así a decoración do centro, ademais dos elementos típicos desta festa, como son as pantasmas, morcegos e bruxas..., as familias crearon casas terroríficas con elementos de refugallo, o alumnado realizou murais e decorado de portas e corredores recreando a cidade ateigada de lixo da que os humanos do futuro tiveron que fuxir.
Tamén contamos coa visita de Anxo Moure, que lle ofreceu á rapazada do centro, por niveis, a súa sabedoría sobre os celtas e o coidado da natureza con fermosas historias dramatizadas.
Un grupo de nais acudiu ao centro para facer contadas e xogos polas aulas de Infantil e Primaria, así coma un obradoiro de maquillaxes terroríficas.
Durante o recreo o alumnado da ESO participou nun concurso Spooky organizado polas profes de Lingua Inglesa, onde demostraron as súas dotes para a dramatización de terror.
E por último contamos coa visita de seres moi terroríficos que se pasearon polo centro asustando a toda a comunidade.
Podedes disfrutar do acontecido clicando no seguinte ENLACE
2º PROGRAMA DE RADIO MENDE
Arrincamos a primeira emisión de Radio Mende coa celebración do Samaín.
Podedes escoitalo no seguinte ENLACE
No hay comentarios:
Publicar un comentario