2/12/23

CELEBRANDO 0 25 N


25 N, DÍA INTERNACIONAL CONTRA  A VIOLENCIA DE XÉNERO

 No mes de novembro conmemorase o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Na actualidad, a violencia contra as mulleres e as nenas é unha das violacións dos dereitos humanos máis extendidas, persistentes e asoladoras do mundo. A desigualdade entre os xéneros persiste en todo o mundo. Acabar con ela requiere esforzos enérxicos para combater a discriminación profundamente enraizada, que a miúdo é consecuencia de actitudes patriarcais e das normas sociais que estas conlevan.

Dende o noso colexío, tamén quixemos render homenaxe a todas esas mulleres que sofren diariamente  a violencia machista e durante ese día fixemos  actividades nas que participaron toda a comunidade educativa.

Deixamos unha mostra delas no seguinte ENLACE

NOVA EMISIÓN DE RADIO MENDE para celebrar esta data

Nesta ocasión  dúas alumnas de 4º ESO xunto con algúns membros de toda a Comunidade Educativa, realizaron esta emisión  con anacos de música da canción "Nais e Avoas" do álbum A Malfalada de Pauliña.



Para escoitar premer no seguinte ENLACE


No hay comentarios:

Publicar un comentario