Como Centro de nova incorparación, o pasado luns, 5 de febreiro, un membro do equipo da Biblioteca asistiu na EGAP de Santiago de Compostela a unha Xornada de Formación sobre Biblioteca Creativa
A inauguración da Xornada estivo a cargo de Bea Lema, Debuxando con fíos na banda deseñada, continuando con obradoiros simultaneos de escornabots con Almudena Alonso, impresión en 3D, banda deseñada, collage, ficción dixital... As experiencias de cinco Centros falando do aproveitamento dos recursos da biblioteca creativa para o traballo por proxectos, gramificación, recursos e dinamización de actividades, pecharon a Xornada.
Moitas grazas, compañeira Rebeca, que veu con moitas ideas novas para poñer en práctica ademais do agasallo dun escornabot para a nosa Biblio.
Diferentes momentos das Xornadas
AGASALLOS
No hay comentarios:
Publicar un comentario