23/10/24

FORMACIÓN DE USUARIOS

FORMACIÓN DE USUARIOS PARA O ALUMNADO DE 1º DA ESO 6º DE PRIMARIA


Como viña sendo habitual todos os anos, a coordinadora da biblioteca organizou unha charla para o alumnado novo do Centro e para os de 6º de primaria na que lles explicou a organización e funcionamento da biblioteca.

Despois das explicacións todo aquel que quixo formulou preguntas e aclaráronselle as súas dúbidas. Logo estiveron ollando os fondos e levaron os seus primeiros libros en préstamo.

Antes de comezar a explicación, o alumnado de primeiro e sexto no seu recuncho preferido, a zona de lectura informal:






Aproveitando para levar xa un libro:




No hay comentarios:

Publicar un comentario