Despois da avaliación do ano pasado sobre o funcionamento da biblioteca, comprometémonos a difundir de maneira máis eficaz o funcionamento desta, e das actividades que nela desenvolvemos, para que todo o profesorado de centro e o alumnado sexan coñecedores dos importantes recursos que ofrece.
Deste xeito convidamos aos distintos cursos cos seus titores a pasar pola biblioteca e explicámoslles as normas.
Aos máis pequeniños aproveitamos para darlles a benvida e contámoslles un conto no seu recuncho preferido, onde están os sofás e pufs.
Aos de 5º e 6º de primaria e a ESO explicámoslles como está organizada a biblioteca e cales son as normas que todos debemos respectar nela. Logo fixemos un xogo para ver que grupo encontraba antes unha serie de libros dunha lista. Deste xeito comprobamos se estiveron atentos e son capaces de desenvolverse para atopar os libros que precisen.
A continuación estiveron ollando os fondos e algúns tamén aproveitaron para devolver ou levar libros en préstamo.
Aínda nos faltan algúns grupos por pasar pola biblioteca. Este ano comezamos recolocando por orde de autor todos os libros de Secundaria e adultos, a petición do profesorado, e ese labor retrasounos un pouco o resto das actividades.
Agardamos que poidamos concluír pronto a tarefa, porque xa chega o Samaín e hai que celebrar!


.jpg)
.jpg)

No hay comentarios:
Publicar un comentario