13/5/25

Preparando as Letras Galegas

 No CPI José García García levamos xa días preparando as Letras Galegas.

Nas clases de Tecnoloxía deseñaron o modelo para elaborar pandeiretas e durante esta semana o alumnado de PDC, co seu profesor Xulio, fan de monitores para todo o alumnado do centro. Deste xeito os que queiran terán con que acompañar as coplas que cantaremos no patio o 16 de maio. 

O alumnado de PDC e o profesor Xulio supervisando o traballo:

 



 

As profes e coidadoras tamén se sumaron e colaboraron:

O alumnado mostrando orgulloso o resultado desta bonita actividade:

Grazas ao arduo traballo preparatorio de Julio Peaguda e Xulio Pérez, o taller de pandeiretas funciona a pleno rendemento. O día 16 veremos ao final como nos quedan despois de decoralas e personalizalas.








No hay comentarios:

Publicar un comentario