O día 21 de maio o alumndo de 4º ESO estivo facendo a Ruta de A esmorga por Ourense.
Xa tiñamos lido o libro desde o segundo trimestre, pero foi por fin o pasado 21 cando puidemos ir percorrer os lugares polos que deambulaban os tres esmorgantes, en compañía dun guía do concello.
Fomos facendo paradas en diversos lugares e lemos pasaxes da novela de Blanco Amor. Algúns dos nosos alumnos acordábanse perfectamente do que pasaba en cada lugar e a experiencia resultou, como nas anteriores veces que a fixemos, moi interesante. Quedounos gana de repetir.
Algúns momentos durante a ruta:
Xa agardando polo autobús de volta:
No hay comentarios:
Publicar un comentario