21 de marzo, día mundial da poesía
O Día Mundial da Poesía é un tributo á palabra poética, ao poema como tal e aos poetas. A poesía é un xénero literario que se presenta como a manifestación da beleza ou a estética por medio da palabra. Este día foi establecido pola UNESCO no ano de 1999. O obxectivo desta conmemoración é dar soporte á diversidad lingüística a través da expresión poética, así como fomentar o seu ensino. Ademais, tamén se presenta como unha oportunidade para que as linguas ameazadas saian á luz e sirvan como medio para unha apropiada comunicación artística nas comunidades que as ostentan. O día celébrase internacionalmente o 21 de marzo de cada ano.
No hay comentarios:
Publicar un comentario