O día 8 de marzo celebramos O Día Internacional da Muller, chamado tamén Día Internacional da Muller Traballadora, para conmemorar a loita da muller pola igualdade con respecto ao home, pola súa participación na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa.
Os taboleiros do noso centro cubríronse de imaxes e textos, reivindicando o papel da muller e recordando a súa discriminación ao longo da historia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario