Dende o 13 de marzo e ata o 17 de maio, o equipo de Radio
Mende, realizará diferentes emisións coa finalidade de dar a coñecer mellor a
figura e a obra poética do noso escritor homenaxeado este ano no día das letras
galegas: Florencio Delgado Gurriarán.
A primeira emisión dunha serie diaria
ata o día das Letras Galegas, comezou o pasado 13 de marzo, coa lectura do poema "Resposta a
Rosalía" da súa obra Galiza Infinda, a este sucedéronlle "A
Caldeira", da mesma obra e o poema “festa: Folión de Vran” da súa obra Bebedeiras.
Esperamos que
con estas emisións de Radio Mende podades coñecer mellor a Florencio Delgado
Gurriarán.
Podedes escoitar algunhas destas emisións no seguinte ENLACE
No hay comentarios:
Publicar un comentario