8/1/26

EXPOSICIÓN PARA PECHAR O ANO DE CASTELAO

Durante o mes de decembro o alumnado de PDC co seu profesor Xulio prepararou unha exposición de láminas de Castelao, que logo colgaron nos corredores do centro. Quedou realmente ben, e permanecerá aí durante todo o curso para seguir facendo actividades arredor do autor.

Aínda que é unha figura presente sempre no noso currículo porque ademais de pusuír unha grande calidade literaria resulta apropiado para alumnado da ESO, este curso imos facer unha serie de actividades creativas en torno á súa obra gráfica e literaria. Este é polo tanto o comezo.

Fotografías dos corredores do centro:












AS POSTAIS PREMIADAS NO CONCURSO DE NADAL

Aínda que o prazo para presentar as postais de Nadal era do día 9 ao 12 de decembro, tivemos que amplialo ata o mesmo día 18, porque o alumnado estaba con exames e non puido dedicarlle tempo a esta actividadade. Con todo, pagou a pena, porque foron moitos os traballos presentados, e algúns deles, moi orixinais.

Así quedou o taboleiro da biblioteca cunha selección de postais expostas:
Unha vez feitas as votacións e metidas as papeletas na urna, o alumnado de 4º ESO A  actuou como membros da mesa electoral, fixo o reconto e publicou a acta definitiva, e os premios fóronlle entregados o venres 19 durante o festival.
Acta do reconto:

Gañadora na etapa de Infantil:

Gañadora na etapa de Primaria:

Gañadora na etapa de Secundaria:

9/12/25

XA SE ACHEGA O NADAL

    Decoramos a biblioteca para o Nadal e convocamos un concurso de postais.

    A nosa compañeira Mª Carmen xunto co sei alumnado decorou a árbore da nosa biblioteca e a sala en xeral.  

  Deixamos un espazo para que quen queira traia decorado artesanal. Animamos a todo o mundo a que colabore.

    Como todos os anos, convocamos concurso de postais. Agardamos que haxa moita participación.

Concurso:

 

“Postal de Nadal”

CPI José García García (Mende)

BIBLIOTECA


BASES DO CONCURSO

1. Poderá participar no concurso todo o alumnado de CPI José García García que así o desexar.

2. A entrega das postais será do día 9 ao 12 de decembro ao titor/-a

3. Temática e técnica: Libre.

4. Formato: medio folio por unha cara.

5. Cada participante poderá presentar una soa postal.

6. Valorarase a orixinalidade e a boa presentación dos traballos.

7.O Xurado estará composto por profesorado e/ou persoal do Centro. Será o encargado de resolver calquera incidencia que puidese xurdir durante o concurso e terá plena potestade para interpretar as bases do concurso. Poderá, no seu caso, declaralo deserto se considerar que as obras non teñen a calidade suficiente. O fallo é inapelable e definitivo.

8.Establécense os seguintes premios:

·  1 Premio Infantil (vale por 20€ en marterial escolar).

·  1 Premio Primaria (vale por 20€ en marterial escolar).

· 1 Premio Secundaria (vale por 20€ en marterial escolar).

9. As postais presentadas serán expostas no taboleiro da biblioteca do centro.

10.A participación no concurso supón a aceptación de todas e cada unha destas bases.


13/11/25

PREPARAMOS A DECORACIÓN DA BIBLIOTECA PARA O SAMAÍN

O alumnado de 1º da ESO, coa profesora de EPeV prepararou unha decoración para a biblioteca que leva por título: O bosque das ánimas.

Hoxe comezaron a colocar os elementos que comporán a decoración. Aínda falta un pouco, pero isto xa está en marcha.

A profesora axudada por alumnos de 4º da ESO coloca as pólas das que colgarán as ánimas.



Un día despois, a decoración xa está completa, quedou moi bonita, e o alumnado que fixo as ánimas, caveiras e cabazas ten unha grande imaxinación.


Mentres, alumnado de Primaria, xunto coa súa profesora lían un manifesto en contra do acoso escolar, o mesmo día en que había convocada unha folga por un caso de suicidio derivado desta problemática.



28/10/25

CONTINUAMOS COA FORMACIÓN DE USUARIOS

Hoxe, martes 28 de outubro, continuando coas visitas á biblioteca e a formación de usuarios, veu á biblioteca o alumnado de 2º de Primaria cos seus profesores. 

A coordinadora explicoulles como están organizados os libros, cal é a cor que lles corresponde por idade (os que teñen o gomet vermello) e como poden facer para levar libros para a casa e para a biblioteca de aula. Logo lemos un conto: A noite das mudanzas, que nos pareceu apropiado para estas datas próximas ao Samaín.

Aos pequenos gustoulles moito este fermoso e sorprendente conto.

O grupo de 2º de Priamaria, a profesora e os coidadores sentando no noso recuncho de lectura informal, antes da lectura do conto.















25/10/25

FORMACIÓN DE USUARIOS

    Despois da avaliación do ano pasado sobre o funcionamento da biblioteca, comprometémonos a difundir de maneira máis eficaz o funcionamento desta, e das actividades que nela desenvolvemos, para que todo o profesorado de centro e o alumnado sexan coñecedores dos importantes recursos que ofrece.

    Deste xeito convidamos aos distintos cursos cos seus titores a pasar pola biblioteca e explicámoslles as normas. 

     Aos máis pequeniños aproveitamos para darlles a benvida e contámoslles un conto no seu recuncho preferido, onde están os sofás e pufs.

   Antes de comezar o conto, o alumnado de infantil, cos seus profesores: 


    Aos de 5º e 6º de primaria e a ESO explicámoslles como está organizada a biblioteca e cales son as normas que todos debemos respectar nela. Logo fixemos un xogo para ver que grupo encontraba antes unha serie de libros dunha lista. Deste xeito comprobamos se estiveron atentos e son capaces de desenvolverse para atopar os libros que precisen.

    A continuación estiveron ollando os fondos e algúns tamén aproveitaron para devolver ou levar libros en préstamo.

O alumnado de 1º da ESO, coa súa titora, durante a explicación:


    Aínda nos faltan algúns grupos por pasar pola biblioteca. Este ano comezamos recolocando por orde de autor todos os libros de Secundaria e adultos, a petición do profesorado, e ese labor retrasounos un pouco o resto das actividades.

    Agardamos que poidamos concluír pronto a tarefa, porque xa chega o Samaín e hai que celebrar!





FALADOIROS LITERARIOS DO CONCELLO.

    O xoves 12 de xuño asistimos á actividade promovida polo Consello de Ourense e a Deputación "Tertulias Literarias", que se celebrou, como todos os anos, no Liceo.


    A obra que comentamos foi La mala costumbre, de Alana Portero. É un libro que deu moito que falar e o alumnado, aínda que ese día eramos poucos, estivo moi participativo. Mágoa que por esta vez non puidemos ter o agardado encontro coa autora.

Alumnado de Mende, mentres agardaba polo comezo dos faladoiros:




(Entrada que quedou sen publicar por erro de xuño de 2025)

Uploaded with ImageShack.us