A Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas este 24 de outubro de 2022.
A edición deste ano, baixo o lema “BiblioTEcuida”, céntrase en destacar o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres e abertos que, a través dos seus diversos servizos e recursos, preocúpanse por atender as necesidades dos seus usuarios.
Son moitas as vías a partir das cales as bibliotecas atenden e coidan aos cidadáns. A promoción da lectura é a primeira delas: as bibliotecas son espazos para a lectura. Unha lectura que acompaña, que entretén e que enriquece. Unha lectura que cura: a lectura ten un impacto directo tanto no desenvolvemento e mantemento das capacidades cognitivas como no benestar e a saúde mental.
Ademais, as bibliotecas coidan tanto o acceso á información como a súa veracidade, desempeñando un papel fronte ás trolas e a desinformación. Por iso son un apoio necesario para a formación, a aprendizaxe e a investigación. Tamén son unha axuda imprescindible para profesores, estudantes e investigadores, asistindo á comunidade educativa e contribuíndo ao fomento da investigación científica.
MURAL FEITO CON PUNTOS DE LECTURA POLO ALUMNADO DE 6º de E. PRIMARIA NA CLASE DE ARTS, PARA FESTEXAR O DÍA DAS BIBLIOTECAS.
PODEDES VER O TRABALLO NO SEGUINTE ENLACE
No hay comentarios:
Publicar un comentario