Este martes, 2 de abril, e para arrancar o trimestre con novas aprendizaxes, o alumnado de 6º de E. P. e un grupo de 4º da ESO recibiu formación da man de Damián Alonso de Escolas... nas Ondas! para a creación de podcasts na nosa Radio na Biblio.
Moitas aprendizaxes e unha gran experiencia que compartimos aquí cunha reportaxe e adxuntando o programa realizado nesta formación. A creación, imaxinación e improvisación do noso alumnado é realmente abraiante, así que, aínda que un chisco longo, porque participaron todos por parellas e con temáticas diversas, mereceu a pena.
Ánimo rapazada e profesorado de Mende para seguir participando e creando podcasts!
Moitísimas grazas a Damián por tantas ideas e axudas coas que agardamos mellorar moito os nosos programas de Radio Mende.
Podedes ver a reportaxe clicando no seguinte LINK
No hay comentarios:
Publicar un comentario