29/10/24

DÍA DAS ESCRITORAS


O día 18 de outubro celebramos o Día das escritoras lendo diferentes fragmentos dalgunhas obras da nosa escritora máis célebre, Rosalía de Castro, ou das populares Fina Casalderrey e Elena Gallego Abad, autora da recoñecida saga de Dragal, entre outras.

Pero, sen dúbida, a que máis cautivou ao alumnado foi a popular e televisiva Paula Carballeira. Despois de mergullármonos na biografía desta escritora, contacontos e actriz; a lectura do fragmento inicial dunha das súas últimas obras, Daniel no Peirao (2023), cautivou ao alumnado, espertando a súa curiosidade por ler este texto centrado nun episodio da infancia de Castelao.

    ALUMNADO DURANTE A ACTIVIDADE







No hay comentarios:

Publicar un comentario

Uploaded with ImageShack.us