O xoves 4 de abril asistimos á actividade promovida polo Consello de Ourense e a Deputación "Tertulias Literarias", que se celebrou, como todos os anos, no Liceo.
Este ano eramos un grupo de quince alumnos e alumnas e dúas profesoras para comentar o libro Indolente, de Alberto Mancebo. Estivemos ás 16:30 co IES Ferro Couselo, nunha reunión pequena pero animada.
O libro en xeral non gustou moito, pero deu moito que falar, tanto polos temas (cambio climático, violencia obstétrica, individualismo e egoísmo...), polos personaxes (ningún espertaba simpatía entre os lectores), como por aspectos máis técnicos (ausencia de marcas de diálogo, estrutura constantes restrospeccións, etc).
Detalle da organización:
Durante o debate co IES Ferro Couselo:
Ás seis da tarde reunímonos con todos os demais centros e tivemos o encontro cunha meteoróloga, que nos explicou a influencia do sol no clima, e co autor, que nos sorprendeu polo bo comunicador que é e polo seu galego dialectal e auténtico, con gheada e seseo incluídos. Foi o mellor momento da tarde e Alberto Mancebo gustou e caeu ben a todo o público asistente.
Agardando polo encontro co autor:
No hay comentarios:
Publicar un comentario