O día 20 de marzo participei como coordinadora da biblioteca nos encontros PLAMBE. Alí asistín a varias conferencias, entre as que destaco a de Rosa Tabernero Sala e a de Montse Pena Presas.
Rosa Tabernero, da Universidade de Zaragoza, falounos do "lector atento e curioso". Analizoou a lectura rápida e en pantalla e instounos a fomentar a lectura en papel, que, segundo os estudos que ela manexaba como experta no tema, son os que fomentan a lectura profunda. Só cando sexamos bos lectores estaremos preparados para outro tipo de lectura, que a sociedade actual nos esixe.
Montse Pena Presas, da Universidade de Santiago, falou da competencia lectora na sociedade actual. Fíxonos propostas para fomentar a lectura como os "Itinerarios lectores", que deben implicar a todo o profesorado e conter distinto tipo de libros: non ficción, clásicos da literatura universal, clásicos de literatura galega, valores... Aconsellounos non deixarnos deslumbrar polas novidades e falounos da "emerxencia lectora en lingua galega", feito que nos deixou proucupados a uns cantos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario