Do 23 ao 27 de febreiro realizamos actividades no noso centro para conmemorar o Día de Rosalía.
En todas as clases da ESO lemos e eliximos un poema para representar a cada aula. Logo escribímolo e decorámolo para pór na porta da nosa clase. Quedounos moi bonito, como se pode ver nas fotografías.
O alumnado de PDC foi un paso máis alá. Transformou os poemas cambiando palabras por algúns pictogramas. O resultado foi moi interesante:
Poemas colocados á entrada do centro:
E por último, non faltaron as actividades para os máis pequenos, que tiñan unha piñata rosaliana: bolsas con pegatinas de Rosalía, poemas e algunha lambetada.









No hay comentarios:
Publicar un comentario