O mércores 25 de febreiro fixemos unha viaxe a Pontevedra. Pola mañá fomos ver "Rinconete y cortadillo" adaptada ao teatro pola compañía Factoría Teatro. Resultou moi interesante e divertido, posto que o grupo adaptou a obra ao contexto actual, polo que o alumnado entendeuna moito mellor, gozou do espectáculo e resultoulle próxima.
Logo de pararnos a xantar na zona vella de Pontevedra fomos ao museo de Castelao e, acompañados dun guía, vimos a súa obra gráfica e atendemos as súas explicacións. Quedamos gratamente sorprendidos de que o noso alumnado soubese contestar case todas as preguntas que lle plantexaron, non en van temos noso colexio repleto dos debuxos do autor.
As explicacións do guía foron moi interesantes e descubriron aspectos da vida do autor e da súa obra que nos axudaron a entendela mellor.
Quedáronnos ganas de volver o vindeiro curso. Deica logo, Pontevedra!





No hay comentarios:
Publicar un comentario