O Día Escolar da Non Violencia e a Paz é celebrado anualmente o 30 de xaneiro en honor ao aniversario do falecemento de Mahatma Gandhi (1869-1948), recoñecido líder pacifista nacido na India que promulgou ao longo da súa vida unha filosofía de resistencia ante a inxustiza sen recorrer á coacción.
Os centros educativos convértense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.
O noso colexio quixo conmemorar tamén esta data cun acto no que todo o alumnado do centro, formando un arco da vella con cartulinas de cores ( diferentes en cada curso) escribiron as súas reivindicacións, facendo fincapé no respecto, a tolerancia e a diversidade. Tamén algúns alumnos leron textos relacionados coa Paz e a non violencia.
O acto resultou moi emotivo.




No hay comentarios:
Publicar un comentario