FORMACIÓN DE USUARIOS PARA O ALUMNADO DE 1º DA ESO 6º DE PRIMARIA
14/10/26
FORMACIÓN DE USUARIOS
23/9/26
FESTIVAL FIN DE CURSO
O día 19 de xuño celebramos o festival fin de curso con moitas actuacións musicais do noso alumnado de terceiro da ESO, dirixido pola súa profesora Patricia:
Aproveitamos para representar da man do grupo de oratoria: "Penélope, Circe e Morgana lembran a Begoña Caamaño", xa que no Día das Letras Galegas non puideramos facelo.
Durante a xornada aproveitamos para entregar o premio do concurso "Búscase". Vemos na foto os flamantes gañadores coa profesora Ana.
9/6/26
XORNADA DE FORMACIÓN: OBRRADOIRO DE TELEVISIÓN (TELEXORNAL NA BIBLIO)
8/6/26
LIBRO-CARA. ACTIVIDADE POLO 23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO.
4/6/26
CONCURSO POLO DÍA DO LIBRO: BÚSCASE
BASES DO CONCURSO
1. Poderá
participar no concurso todo o alumnado do Centro que así o desexar.
2. Recollerá
o impreso de participación no mostrador da biblioteca ou pedirallo ao
profesor/a de Lingua Castelá ou Lingua Galega.
3. Trátase
de averiguar a que autor/-a e obra pertence cada texto. (Non vale o título do
relato ou poesía, ten que ser o título do LIBRO: poemario ou colección de
relatos)
4. Cada participante
presentará un único impreso cos resultados.
5. Entregaranse
os resultados na biblioteca á hora do recreo ou ao profesorado de Lingua Galega
e Lingua Castelá.
6. Outorgarase
o premio a aquel/-a que logre identificar correctamente os sesenta textos ou,
se ninguén acada a totalicade, quen se aproxime máis.
7. En
caso de empatar varios no número un, haberá outros dez textos de desempate
entre estes/-as participantes.
8. Establécense
os seguintes premios:
1º Dúas entradas para o teatro.
2º Dúas entradas para o cinema.
3º Un libro
9. En caso de acertar menos de trinta, o premio declararase deserto.
10.A participación no concurso supón a aceptación destas bases.
E por fin os resultados:
GAÑADORES:
1º
PREMIO: 51 PUNTOS
Lucas Díaz Viñas
2º
PREMIO: 46 PUNTOS
Uxía Fernández Vázquez
3º
PREMIO: 44 PUNTOS
Yago Campos Miguel
30/4/26
FALADOIROS LITERARIOS DO CONCELLO DE OURENSE
O martes 28 de abril celebrouse o faladoiro de castelán organizado polo Concello e a Deputación, como todos os anos, foi no Liceo.
Esta vez o libro elixido foi Mil cosas de Juan Tallón.
Tamén falamos das técnicas narrativas, as oracións curtas, os capítulos tamén curtos e en contrapunto paralelístico dos dous protagonistas, a falta de títulos ou mesmo númeración de capítulos... todo o que conducía a que como lectores foramos pasando páxinas tamén cun ritmo frenético e experimentando as mesmas sensacións ca os protagonistas.
Por último, o que máis debate suscitou foi o impactante final. A algúns parecíalle predecible, pero á maioría conseguiu levarnos por onde quixo e facernos pensar en mil cousas e mil posibilidades, e igual que lles sucedeu aos protagonistas, acabamos esquecéndonos do importante.
Ese mesmo día ás 18:00 tivemos un encontro co autor, Juan Tallón. Foi moi breve na súa exposición e a continuación pasamos ás preguntas. Aproveitamos para preguntarlle polo final, ao que el contestou que partira de aí a raíz dunha reflexión que suscitara nel unha noticia xornalística.
Logo falounos de todo un pouco, da técnica narrativa para dar un ritmo vertixinosos, das personaxes, dunha anécdota persoal sobre unha reportaxe que lle pagaron miserablemente e que deu lugar a un personaxe secundario... e da moitas cousas máis.
Ao final asinounos o libro e vimos que é unha persoa moi afable, que lle presta atención e lle dicica tempo aso seus lectores, facéndolles preguntas a cada un segundo nos iamos achegando.
O autor gustounos aínda moito máis có libro.
29/4/26
XVIII XORNADA DE CLUBS DE LECTURA
O día 29 de abril celebrouse a XVIII Xornada de Clubs de Lectura no Pazo de Congresos de Santiago de Compostale, ao que asistiu a nosa compañeira Patricia.
O programa era o seguinte:
%20(1).jpeg)








.png)
.jpg)





