O
alumnado de 4Q ESO da aula de plástica, en colaboración co
Departamento de Lingua Galega, a Biblioteca e o Equipo de Dinamización da
Lingua Galega, rendemos homenaxe ao autor das Letras Galegas deste ano, Ricardo Carballo Calero.
Cada un de nós escolleu versos dun dos poemas
de Carvalho Calero que se reproducen aquí, e inspirados por eles compuxemos
unha imaxe que despois pasamos ao linóleo, traballamos coas gubias e estampamos
no tórculo para editar as imaxes que compoñen este arquivo.
No
acabado final os versos escollidos por cada un están escritos no papel e acompañan
a estampa, pero o confinamento fixo que non dispoñamos desas fotografías. Convirtamos
ese contra nun pro; propoñéndovos unha lectura atenta de texto e imaxe,
retárnosvos a que busquedes as correspondencias.
Desfrutade
do noso autor deste ano.
POEMAS
Cando te vaias,
ninguen reparará na tua falta.
Non
tomaste pasage en nengun trasatlántico Fostes un navegante solitario.
Nengunha
turista te lembrará
Non
saístes a rua cando a gaita soaba
Ficastes, a coidar, na casa
Nengunha
lapida te louvará
Non
fechastes a voz no circulo dun coro
Pra
falares contigo, foi o teu canto afonico
Nengun
hino te glorificará
Non
firmastes nengún manifesto
A tua
caligrafia era puro arabesco
Nengunha
pagina te embalsamará
Non
quixestes ao peito levar unha medalla
Fostes
besta salvage, sen chocallo nen cadiga
Nengun
alpendre te agarimará
Se, longe
un Cain che dá morte
nengunha Antigona te seterrará
DESFILE
DE MODELOS
Manequins
ou anjos;
mulleres ou deusas;
con cófias, mitras, tiaras, toucas, flores,
perfumes,
ouros, liños, sedas, peles;
mevendo
se con músicas, con asas;
sereas ou rainas;
nadando
entre coroas, entre escumas;
danzando
entre ronseis, parrumas, foulas;
estrelas en fervenza; lume en bágoas,
po de sol
a brincar; constelacións
de bonecas de arage ;volvoretas
en
antroido de espellos;brancos risos;
azuis pestanejares;
baile das
cores; folión das rosas;
litúrgia dos menceres, agarimo
das
curvas, dos afagos, dos solpores;
escada de
arrecendos, ondas, ritmos;
fervor de
chamas; teoría
de arelas; procesión
de milagres; rolda
de beleza, ternura, crueldade;
ceu de cabelos redes, de ollos lagos,
de bocas simas, de nocellos lírios,
de seios froitas, de cadris randeiras;
rebaño de gacelas; cabido
de opanteras; corporación de luces;
lira de aves; aves lira; aves
do paraíso, paraíso de aves,
de faisáns, pombas, rulas, pintasilgos;
nevarada de pétalas; exército
de faíscas; descárrega de lóstregos;
coro de vagas; corte de ardentias;
ladaiña de anseios,
rosário de suspiros.

Alguén de alta fasquia
coa sua poderosa man move a batuta
que a melodia rege
do voso escintilar de duro amor
No hay comentarios:
Publicar un comentario